Quen somos?

Somos unha empresa de inserción laboral en materia téxtil xestionada dende a fundación CADISAN e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
Tal cualificación foinos outorgada pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia, onde estamos inscritos co número de rexistro 66/019/2015/EIL.
Ademais, somos xestor de valorización de residuos autorizado pola Consellería de Medio Ambiente, onde figuramos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia co número SC-I-NP-XV-00290.

E que é unha empresa de inserción laboral?

Unha empresa de inserción laboral é un organismo que aposta pola formaciónacompañamento e aprendizaxe xerando emprego para aqueles colectivos que se atopan en risco de exclusión social ofrecéndolles a capacitación para o desenvolvemento dunha actividade produtiva. A empresa de inserción laboral fai de ponte entre @ destinatari@ e a súa inclusión no mercado laboral, ofrecendo postos de traballo dignos e cunha duración máxima de tres anos. Deste xeito aseguramos a capacitación das persoas para poder atopar un posto de traballo por si mesmas. Mentres que unha empresa de inserción laboral ten a obriga de manter no cómputo anual un 30% de traballadores en proceso de inserción con respecto ao total do cadro, Arroupa conta actualmente cun 90% de persoas contratadas en risco ou situación de exclusión social. Un dato que supera de abondo o mínimo esixido.

image

 

Os nosos obxectivos responden a tres piares fundamentais:

Con eles ofrecemos unha alternativa digna, ecolóxica e económica do consumo de roupa e complementos en toda a Diocese compostelá. Unha labor enfocado á reciclaxe do téxtil, dende a súa recollida na rúa ata os puntos de venda.
Arroupa, como empresa de inserción, combina a lóxica empresarial con metodoloxías de inserción laboral. A nosa Fundación sen ánimo de lucro, non busca a rendibilidade económica senón a mellora de diversos aspectos humanos, medio ambientais, culturais, económicos e sociais. @s beneficiari@s do proxecto deixan de ser persoas inactivas e pasan a lle ofrecer á sociedade todo aquilo que lle foi negado, chegando así a un beneficio integral.
Xa somos máis de 22 neste equipo, e ti tamén podes ser un/unha de nós!